Concello de Ourense

O alcalde de Ourense reúnese coa alcaldesa de Amiens

Pérez Jácome desplazase a Francia para coñecer as prestacións do innovador servizo de autobuses de Amiens. Está xestionado por unha empresa pública que conta cunha flota de 145 vehículos, dos que 43 son eléctricos.

Óscar Gómez

Ourense | 03.02.2022 19:16

O alcalde de Ourense reúnese coa alcaldesa de Amiens
O alcalde de Ourense reúnese coa alcaldesa de Amiens | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome visita a cidade francesa de Amiens para coñecer as características do sistema de mobilidade da cidade francesa. O alcalde foi recibido esta mañá no Concello de Amiens pola súa rexedora, Brigitte Fouré. A alcaldesa presentouse ás eleccións municipais de 2014, e saiu elixida, cun programa cuxo proxecto estrela consistía en acometer unha completa revolución do servizo de autobuses urbanos. Desde o goberno municipal puxo en marcha este novo modelo, que deu lugar ao que hoxe é un dos servizos de transporte urbano máis innovadores de toda Francia, e acadou a reelección. Hoxe a flota do servizo municipal consta de 145 autobuses, dos que 43 son eléctricos. O alcalde tamén se interesou nesta visita polo sistema de bicicletas eléctricas da cidade francesa.

Gonzalo Jácome e Brigitte Fouré estudiaron tamén diferentes posibilidades de colaboración entre Ourense e esta cidade francesa.O alcalde de Ourense visitou tamén as instalacións da empresa que xestiona o transporte público nesta cidade, unha entidade que é pública nun 70%, e asistiu a demostracións para coñecer as características e prestacións dos seus vehículos.