Ourense Cidade

38 librarías adhírense a campaña de agasallos de libros a nenos/as

Os destinatarios da campaña, os nacidos dende 2003 , poderán facer as súa solicitude a partir do 23 de xuño.

Óscar Gómez

Ourense | 17.06.2021 11:34

O Concello inicia a campaña anual de fomento da lectura
O Concello inicia a campaña anual de fomento da lectura | La voz de galicia

Para a campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación” do ano 2021 inscribíronse un total de 38 librarías do Concello, tres máis que na campaña do ano 2020. O nome das librarías pode consultarse na web libros.concellodeourense.es

38 librarías adhírense a campaña de agasallos de libros a nenos/as
38 librarías adhírense a campaña de agasallos de libros a nenos/as | onda cero ourense

Un libro desconfina a túa imaxinación é unha campaña en forma de subvencións en especie para adquisición de libros con destino a nenos e nenas nados no ano 2003 en adiante e empadroados no Concello de Ourense. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo/a interesado/a- que poderán retirar nas librarías que se adhiran á campaña.

As adquisicións de libros realizaranse dende o 23 de xuño de 2021 ata o 14 de agosto de 2021. Para estes efectos, deberá realizar unha solicitude a través desta web habilitada ao efecto onde hai unha listaxe dos establecementos participantes na campaña -estes deberán presentar unha solicitude de participación perante o Concello de Ourense con data límite do 15 de xuño de 2021-. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarémosche un código alfanumérico que deberás presentar, xunto co NIF, no establecemento.