José Rodríguez Carballo recibe o premio "Ourensanía 2013"

O sacerdote ourensá, José Rodriguez Carballo recibíu este mediodía o premio "ourensanía 2013" nun acto institucional que se celebra en Oseira e ao que acude o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

 

ondacero.es

Ourense | 11.11.2013 13:15

Padre José Rodríguez Carballo
Rodríguez Carballo, premio "ourensanía 2013" é natural de Lodoselo | OCR

O sacerdote ourensá, José Rodriguez Carballo recibe este mediodía o premio "Ourensanía 2013" nun acto institucional que se celebra en Oseira e ao que acude o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. O premio que concede a deputación de Ourense é un recoñecemento honorifico a aqueles ourensáns que teñen destacado nas suas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.  O xurado decidiu recoñecerlle a Rodriguez Carballo a sua "inxente obra teolóxica e labor monacal".
O premiado, oriundo da localidade limiá de Lodoselo en Sarreaus, é ministro xeral da orde franciscana dos frades menores e foi nomeado polo papa Francisco coma secretario da congregación para os institutos da vida consagrada e as sociedades da vida apostólica.