O goberno socialista deu luz verde en comisión de pleno á conxelación de impostos e actualización de taxas

A comisión de pleno do concello de Ourense deu luz verde hoxe a modificación das ordenanzas fiscais para o vindeiro ano que según o goberno socialista conxelan impostos e actualizan no ipc as taxas dos oito servizos en réxime de concesión. O proxecto someterase a aprobación no pleno do venres 8 de novembro e posteriormente ábrirase a exposición ao público.

ondacero.es

Ourense | 04.11.2013 14:12

Agustín Fernandez
Agustín Fernandez | onda cero

A comisión de pleno do concello de Ourense deu luz verde hoxe á modificación das ordenanzas fiscais para o vindeiro ano que según o goberno socialista conxelan impostos e actualizan no ipc as taxas dos oito servizos en réxime de concesión que variarán un 2,9% equivalente ao ipc de 2012. Os grupos da oposicion abstiveronse e farán pronunciamento no pleno do venres.O proxecto de modificación incluirá duas emendas ditaminadas favorablemente esta e presentadas por PP e BNG polas que se vai suprimir a taxa por expedición de tarxetas magnéticas de acceso  a vehículos no casco vello a persoas autorizadas. Tamén se engade ao colectivo de desempregados coma beneficiarios da tarxeta milenio de autobuses urbáns. Segundo o concello a previsión é que se poida poñer en marcha antes de fin de ano.  O proxecto de modificaicon someterase a aprobación no pleno do venres e posteriormente someterase a exposición pública.