O goberno socialista do concello de Ourense presentará ao pleno do venres unha moción na que instará á xunta de Galicia a paralizar o canon de sogama e demandará desta empresa un informe sobre a sua situación económica e financieira. Ademais os socialistas queren dirixirse ao goberno do estado para que derogue os decretos que están a perxudicar ao sector das enerxias renovables. O edil de economía do concello de Ourense, José Angel Vázquez Barquero reiterou que non teñen previsto repercutir o canon de xestión de residuos no recibo do lixo e calificou a suba do 34% coma "arbitraria, desproporcionada e unilateral". O edil socialista entende que hai que cambiar o modelo de xestión de residuos de Galicia comenzando por unha "deslocalización" e pide explicacións a Sogama "por cobrar un canon e non tratar o 50% dos residuos" que recibe. Según Vázquez Barquero as pretensións de Sogama é incrementar en 750.000 euros o canon ao concello de Ourense en 2014 o que globalmente implicaría un total de 3 millons de euros.