A policía xudicial da localidade ourensá de O Barco detivo nas últimas horas, dentro da operación denominada "Ideafix", a unha muller de 53 anos, veciña de Pobra de Trives coma presunta autora de 143 cartas ameazantes remitidas ao concelleiro socialista de Manzaneda e ex alcalde, Herminio Cereijo. A detida está acusada dun presunto delicto de "ameazas e inxurias" tras remitir de xeito "masivo" as cartas mediante correo postal durante dous anos.