Desgraciadamente, segundo Compromiso por Galicia, está situación de colapso no servizo de urxencias do Complezo Hospitalario de Ourense aínda irá a peor nos días en que na cidade das Burgas se alcancen temperaturas por enriba dos 35 graos. Isto ten como consecuencia que moitos enfermos con patoloxías respiratorias se vexan na obriga de facer uso dos servizos sanitarios. Tamén haberá problemas cando comecen as obras de ampliación do CHUO, pois terán como consecuencia o peche de máis camas.
Segundo o galeguista, Xosé Manuel Pérez Bouza, “dicir como fai a Xerencia do Hospital, que o atasco do Servizo de Urxencias se debe a que é luns ou aos cambios de quenda, é un insulto a intelixencia dos profesionais sanitarios e do conxunto dos cidadáns”.
Compromiso por Galicia ten claro que ese non é o problema, o problema está segundo a organización galeguista “no feito de non cubrir as baixas do persoal que está de vacacións e o peche de camas, que ten como consecuencia un retraso no proceso de atención e na xestión dos ingresos coa conseguinte acumulación de pacientes nos corredores de Urxencias”.