Carmen Iglesias non renuncia ao ocupar o seu escano ainda que a traten coma "tránsfuga"

A militante de Esquerda Unida de Ourense, número dous na lista das eleccións autonómicas, Carmen Iglesias asegura que "non hai volta atrás" e que ocupará o escano no parlamento galego ainda que teña que estar no grupo mixto.

ondacero.es

Ourense | 14.11.2013 11:51

Carmen Iglesias (IU)
Carmen Iglesias. Número 2 na coalición Age Ourense | MV

Esquerda Unida de Ourense deulle un ultimatum de 48 horas a número dous, Carmen Iglesias para que ceda a acta de deputada que lle correspondería trala marcha de David Calviño de Anova. En declaracións a Onda Cero, Iglesias afirma que "non hai volta atrás na súa decisión ainda que a traten coma unha tránsfuga. A número dous de Esquerda Unida por Ourense, Carmen Iglesias entende que "poderia supor un fraude ao electorado" cederlle o escano que lle corresponde por lei á numero 3 da lista Iolanda Pérez de anova e di que non vai dar marcha atrás na sua decisión ainda que lle doa o dano de imaxe e que a sua organización a poida suspender de militancia. Carmen Iglesias insiste en que  non foi informada do pacto electoral verbal de Age e afirma que conta co apoio de moitas persoas. Dende EU o coordenador comarcal José Manuel Gutierrez sostén que os apoios de Iglesias non son os da organización e manteñense á espera do plazo para tramitar a sua expulsición se non revoca as suas intencións