Detención

Un camión de froita agochaba 400 kilos de cocaína en San Cibrao

Unha operación do Grupo Especial de Resposta Contra Crime Organizado da policía nacional xunto ca policía colombiana e portuguesa permitíu a detención de oito persoas

ondacero.es

Ourense | 21.01.2019 12:28 (Publicado 21.01.2019 09:31)

Alijo de droga incautada por la Policía Nacional.
Alijo de droga incautada por la Policía Nacional. | EFE/Archivo

Unha operación do Grupo Especial de Resposta Contra Crrime organizado da policía nacional xunto ca policía colombiana e portuguesa permitíu a detención de oito persoas e incautar mais de 400 kilos de cocaína que estaban agochados entre as caixas dun camión da empresas froitas Mavaz no Polígono ourensá de San Cibrao das viñas.

A operación, que partiu do xulgado de instrucción número 1 de Vilagarcía segue aberta e anque está declarado o secreto de sumario sábese que a droga entrou por Portugal con orixe Colombia e destino Galicia.

Entre os detidos está un colombiano afincado en Vilagarcía e o xerente da empresa ourensá adicada á venta ao por maior de froita que negou ante a policía a sua vinculación co alixo.