O BNG de Ourense esixiulle ao concelleiro Juan Canal de Toén que devolva a acta de concelleiro tras sustituir onte a David Calviño que dimitira de edil neste concello o pasado mes de setembro. Canal xunto con Calviño pasouse á organización Anova trala excisión dos nacionalistas ainda que nas municipais concurrirá baixo as siglas do Bng.
O coordenador comarcal do BNg en Ourense, Marcos Ferradás, afirmou que as actas son das organizacións e non das persoas polo que considera que Anova está incurrindo nunha "incoherencia". Ferradás declinou posicionarse sobre a polémica entre ANOVA e Esquerda Unida pola negativa a renunciar ao escano da número dous de Age por Ourense e militante de IU, Carmen Iglesias.
Pola sua banda Juan Canal permañecerá no grupo dos non adscritos no concello de Toén