Ourense Cidade

Barquero reclama avances no saneamento de Velle

Para Barquero o alcalde e o equipo de goberno do PP "deben aclarar as causas de tanto retraso"

ondacero.es

Ourense |

José Angel Vazque Barquero | onda cero

O voceiro do grupo municipal socialista no Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero instou ao alcalde Jesús Vázquez a que leve "urxentemente" a pleno o convenio de saneamento do núcleo de Velle orzamentado nuns tres millóns de euros. Para Barquero a situación que padecen os veciños é "insostible". Según o socialista non é comprensible que tendo un protocolo asinado en 2016 ca Confederación Miño Sil, estando esta a disposición do concello para asinar o convenio, rematado o período de alegacións e gozando do anuncio do apoio político dos socialistas, non se teñan producido avances no último ano.