Premios AJE

Axón e Adega das Caldas, premiados por AJE Ourense

Renacer (Compromiso Social) e Alfonso Sánchez Izquierdo (Mentor) tamén foron recoñecidos pola Asociación de Jóvenes Empresarios.

Óscar Gómez

Ourense | 12.12.2019 13:33 (Publicado 12.12.2019 11:58)

Premios AJE Ourense
Premios AJE Ourense | Onda Cero Ourense

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense vén de celebrar a oitava edición dos seus premios anuais, cos que recoñece a valentía dos xóvenes empresarios e empresarias da provincia, e fíxoo cunha gala que tivo lugar este 11 de decembro no Teatro Principal de Ourense, conducida pola presentadora da TVG Lucía Rodríguez e á que non faltaron destacadas autoridades do mundo político e empresarial, así como os presidentes de outras AJE´s provinciais e da CEAJE.

[[DEST:Compromiso Social]]

O primeiro galardón entregado foi o de “Compromiso Social 2020”, que recalou en Renacer, asociación á que o xurado recolleceu o “espectacular labor que leva a cabo tanto cos afectados polo cancro como cos seus familiares, aos que presta un enorme abano de servizos con recursos moitas veces bastante axustados”.

Renacer premiado por Aje Ourense
Renacer premiado por Aje Ourense | Onda Cero Ourense

[[DEST:Mentor 2019]]

En segundo lugar, Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, recibiu o premio “Mentor 2019” e aínda que non puido estar presente na gala enviou mediante vídeo o seu agradecemento e recoñecemento ao traballo dos xóvenes empresarios ourensáns.

Premio Mentor 2019 de AJE Ourense
Premio Mentor 2019 de AJE Ourense | Onda Cero Ourense

[[DEST:Mellor Iniciativa Emprendedora 2019]]

E chegou entón o turno dos dous galardóns máis especiais, os que recoñecen, entre os socios de AJE, o traballo realizado durante este ano, o seu tesón e valentía. Así, o premio á “Mellor Iniciativa Emprendedora 2019” foi para AXÓN, Centro de rehabilitación neurolóxica e pedátrica. Todos os seus integrantes subiron ao escenario moi emocionados e nerviosos para recoller este galardón, co que o xurado quixo poñer en valor “a súa visión de futuro, innovación e capacidade de improvisación ante as adversidades”.

Axon premio Mellor Iniciativa Emprendedora
Axon premio Mellor Iniciativa Emprendedora | Onda Cero Ourense

[[DEST:Mellor Empresario 2019]]

Pola súa banda, o premio ao “Mellor empresario 2019” foi para Pablo Domínguez, xerente de Adega das Caldas, que cun discurso de agradecemento improvisado e agarimoso, e ante a atenta mirada da súa familia, recolleu este recoñecemento co que o xurado o calificou como “un exemplo para todos os xóvenes empresarios”, destacando “o seu traballo duro e a aposta por un sector hostaleiro digno e de calidade. Valorando a capacidade de innovación, empredemento e os magníficos resultados”

Adega das Caldas, premio mellor empresario 2019
Adega das Caldas, premio mellor empresario 2019 | Onda Cero Ourense

Cos estes premios anuais, AJE Ourense, a través do seu presidente, Lois Babarro, que anuncio o final da súa etapa no cargo logo de seis anos no mesmo, animou aos xóvenes empresarios a seguir apostando polo traballo duro e o esforzo, e destacou a súa aposta pola creación de oportunidades para as próximas xeracións. Valentes, sen medo á innovación, buscan a oportunidade da unión para facer a forza necesaria para contribuir ao crecemento económico da provincia.