Xente de Ourense

Jorge Paz, paixón polo fútbol e as viaxes

Jorge Paz é un fiel seguidor do Ourense, do Celta e do fútbol en xeral. Esta paixón combinouna desde ben pequeno coas viaxes.

Onda Cero Ourense

Ourense | 15.10.2023 10:03

Hai pouca xente en Ourense a que lle guste o fútbol que non coñeza a Jorge Paz, é posiblemente a mellor base de datos do fútbol ourensán, e seguramente un dos ourensáns que viviu máis partidos de fútbol en todo o mundo e eu atreveríame a decir que en toda España non creo que exista moita xente que vería tantos partidos e tantos estadios diferentes sin ser profesional do fútbol en calquera das súas vertientes: analista, adestrador, xogador, xornalista. En Onda Cero Ourense queremos coñecer cómo o vive, cómo o fai e cómo é posible facelo.

En Jorge Paz hai 3 nexos, o Ourense (disfrutou e padeceu con Club Deportivo Ourense, fundou, sudou a gota gorda e desfruta á Unión Deportiva Ourense), o Celta co que viviu e viaxou por toda Europa e o fútbol internacional con finais de mundiais, eurocopas e partidos nas grandes e pequenas ligas europeas.

Jorge Paz - As orixes dunha paixón polo fútbol

  • O seu primeiro partido nun campo de fútbol
  • Os sentimentos dun neno nun campo de fútbol
  • Un neno do Ourense nunha cidade do Madrid

Esta é a presentación, nos seguintes capítulos descubrimos o que sinte Jorge cómo vermello, cómo celeste e cómo viaxeiro polo mundo a través do fútbol

Capítulo 2 - Jorge Paz, a súa paixón polo Ourense

No primeiro capítulo desta serie adicada a Jorge Paz falabamos dos seus inicios no fútbol. No segundo achegarnos a súa vida en torno ó Ourense, unha vida que ten 2 etapas diferenciadas con un ano en común, o 2014 porque nese ano desaparecía Club Deportivo Ourense e, como consecuencia, nacía a Unión Deportiva Ourense.