Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

A xornada no deporte ourensán da fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos a fin de semana no máis destacado do deporte de Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense | 07.02.2022 17:21

Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Baloncesto

Basket Navarra 72-71 Club Ourense Baloncesto

Quinta derrota da tempada dun Club Ourense Baloncesto que non amosou a súa mellor versión e que concedeu demasiado en defensa ante un rival que aproveitou os erros e a falta de concentración dos ourensáns. Navarra comezou mandando no marcador, cun COB que buscaba demasiado o xogo interior de Aboubacar no primeiro cuarto. O Cob mellorou en defensa no segundo cuarto e reducía as distancias antes do descanso, gracias ao acerto dende a liña de 3. Tralo descanso un desastroso terceiro cuarto cun parcial favorable os locais de 21-7, tirou ao traste as opción de vitoria, ainda que a piques estiveron os de Armando Gómez de darlle a volta no ultimo cuarto cun parcial de 10-26 que foi insuficiente. Nogués con 17 puntos, o mais destacado do COB.

Hereda Club Ourense Baloncesto recibe o mércores no Paco Paz a Algeciras a partir das 20:30 horas.

Porriño Baloncesto 83-75 Solgaleo Bosco Salesianos

Derrota do Solgaleo Bosco nun encontro no que competiron ante Porriño, pero non foron quen de sumar o triunfo nun partido no que o conxunto salesiano comezou dominando, pero ao que un desastroso segundo cuarto condenou aos ourensáns e deulles a vantaxe deifinitiva os locais. Destacar a aportación anotadora de Kouadio con 24 puntos e de Cera e Chapero con 16 e 15, que non foron suficientes para que o Solgaleo sumara o triunfo.

Codigalco Carmelitas 75-69 Compañía de María

Importante triunfo dun Carmelitas que segue nos postos de honra da categoría e que desta vez tiveron que suar para superar a un combativo Compañía de María que marcou o ritmo nos primeiros compases de encontro e que fixo que o Carmelitas marchara por debaixo no primeiro cuarto. As ourensás recompuxéronse e despois de aumentar o ritmo en defensa e mellorar o acerto ao descanso marchaban ao descanso con vantaxe. A pesar de que as de Suso Garrido aumentaron as distancias no terceiro cuarto, o encontro chegou empatado a falta de 5 minutos para o final, o que obligou o Carmelitas a esforzarse a fondo para lograr o triunfo. Destacar a a Regina Gómez con 26 puntos e 12 rebotes.

Fútbol Sala

Ourense Envialia 3-3 Móstoles

Empate do Envialia nun encontro ante un rival directo coma o Móstoles ao que tivo contra oas cordas a falta de 3 minutos para o final, pero que con xogo de 5 sacou un empate dos Remedios. A primeira metade tivo ocasións para ambos conxuntos, pero ningún dos dous equipos veu porta. Tralo paso por vestiarios, as visitantes adiantábanse no marcador ata en duas ocasions, pero os tantos de Laura Uña e Jenny Lores igualaban a contenda. María Arias anotaría o 3-2 a falta de 3 minutos, pero o Móstoles volveu igualar.

Castro 1-2 Cidade das Burgas

Vitoria agónica do Cidade das Burgas no último minuto de encontro gracias a un tanto da veterana Sonia Pacios que permitías as de Manolo Codeso volver a Ourense con 3 puntos no caseleiro. Un partido moi duro e desputado no que Amelia facía o primeiro tanto das verdibrancas, que igualaban ata case o final, cando o tanto de Pacios decantou a balanza.

Adiado por Covid-19 o partido do Ourense Envialia B

Sala Ourense 2-4 O Esteo

Derrota do Sala Ourense no Paco Paz ante un rival que amosou o seu poderío dende o comezo e que levou o triunfo aproveitando a súa pegada. Os visitantes adiantábanse os 5 minutos de encontro e Raúl Riveiro igualaba antes do descanso. Tralo paso por vestiarios, volveron adiantarse os visitantes, pero Fer volvía igualar a contenda a falta de 5 minutos. Non obstante, tres malos minutos do Sala Ourense deron o traste co traballo feito anteriormente e condenaron os ourensáns a derrota, encaixando dous tantos nos últimos 3 minutos de encontro.

Balonmán

Carnes do Ribeiro 29-23 SAR

Triunfo do Carnos do Ribeiro nun gran encontro dos de Féliz Mojón que foron moi superiores, especialmente nunha gran segunda metade. Os redondeláns foron superiores na primeira metade e marcharon o descanso por diante cunha vantaxe de 5 goles. O Carnes do Ribeiro obrou a remontada con rápidas transicións ofensivas e especialmente cunha gran defensa e no ecuador da segunda metade o resultado xa estaba igualado. De ahí ao final os do Ribeiro foron superiores e acadaron unha vantaxe irremontable. Destacar o poderío anotador de Mario Fernández con 9 tantos.

Rugby

[[H4:Getxo – Campus Ourense]]

Último encontro da primeira fase que foi suspendido por mor de casos de COVID.

Voleibol

CV Ourense Aceites Abril 3-2 Fertiberia Los Campos

Desputado encontro o vivido no Pompeo e que rematou con vitoria do CV Ourense, que superou por 3 sets a 2 a un rival directo na loita pola segunda praza como o Fertiberia Los Campos. O conxunto ourensán foi a remolque xa que o primeiro set caeu en mans cántabras, pero o segundo set volvía a caer de lado das ourensáns, que igualaban a contenda. No terceiro set unha vez máis as visitantes volvían imporse, pero as pupilas de Pablo Pérez tiraron de oficio para levar o segundo e terceiro sets, gracias especialmente a bos parciais e a saques directos.

E tamén ... fútbol