08/10/2024

Natalia Gonzalez

Natalia González, voceira do Psoe no Concello de Ourense
  • 22:36 MIN

Natalia Gonzalez

Más de uno ourense

compartir
Natalia Gonzalez

A voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González, dixo hoxe en Onda Cero sobre a situación de bloqueo á xestión do Alcalde Pérez Jácome que "soamente hai dúas opcións; ou o dialoga ou moción de censura".

González tamén dixo que no grupo socialista non poñen ningún obstáculo a un candidato alternativo e que por sorte no PSOE "hai onde elexir, cousa que non poden decir outros".

Asemade tamén se dirixíu ós populares para que "aclaren que queren ser de maiores" e explicou que os e as edís socialistas ourensáns non están dispostos/as a ser moeda de cambio para "calquera chanchullo de Jácome".

A voceira socialista tamén abordou outros asuntos como o envío do PXOM á Xunta de Galicia lembrando que toda a oposición (que é maioría) descoñece o documento e que si o Alcalde quere aprobalo "terá que negociar e que facer unha exposición pública.

O horario de peche dos parques infantís, a situación da policía local ou a estabilización do emprego na administración local foron algúns dos asuntos abordados tamén na entrevista.