O alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández solicitou con urxencia unha xuntanza co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, cos responsables da Consellería de sanidade e do Complexo Hospitalario de Ourense co fin de entregarlles o documento reivindicativo que inclúe aportacións de distintos colectivos sanitarios que demandan "que se poña fin ao deterioro da calidade asistencial da sanidade pública".
Na carta o rexedor deixa constancia da preocupación cidadá polos recortes e pola incertidume da ampliación hospitalaria e dos novos centros de saude do couto e do 21.
Onte no "Dia mundial de loita contra a sida" , o comité antisida de Ourense fixo unha acto reivindicativo para reclamar "máis respaldo económico das administracións e denunciar os recortes na sanidade" e denunciar o "abandono" ao que están sometidos.