O alcalde de Barbadás, Xosé Manuel Freire Couto e o seu tenente alcalde Manuel García prestaban declaración esta mañá nos xulgados ourensáns por unha denuncia do Psoe por presunta malversación e negociacións prohibidas a funcionarios públicos. Os socialistas basearon esta denuncia nunha modificación urbanística aprobada nun pleno no pasado mes de xullo que serviu pera recalificar terreos no polígono AR 10 nos que supostamente Freire e García tiñan propiedades familiares. Freire Couto recoñeceu que a súa muller ten parte dos terreos pero defendeu que a sua votación no pleno foi legal con informes favorablese da secretaria municipal. Mentres a socialista Victoria Morenza acusaba a Freire Couto de utilizar información privilexiada e anunciaba que ampliarán a denuncia. O alcalde popular de Barbadás non foi interrogado sobre a sua situación empresarial e patrimonial pero a preguntas dos xornalistas insistía en que xa foi inspeccionado todo por facenda que non atopou nada extraño.
Hoxe ás portas dos xulgados, un colectivo de persoas da denominada asamblea aberta de barbadás desplegaba unha pancarta na que podía lerse “non pode ser que os pobres entren na cadea e os corruptos estén no poder”.