A empresa ourensá ACEITES ABRIL, amosou esta mañán o proceso de recolección mecanizada da oliva e a elaboración do primeiro aceite de oliva 100% galego (Aouris). Son medio cento de agricultores da bisbarra do Deza-Tabeirós que recentemente prantaron 20 hectáreas de olivos. A xornada desenvolveuse en Tomiño, nunha parcela que o ano pasado deu 450 kilos, pero que o ano próximo acadará os 4500.