Os quince detidos no marco da Operación Copernicus da Policía Nacional en Ourense, no barrio de Covadonga, contra o tráfico de estupefacientes, poderían pasar este venres a disposición xudicial.
No operativo, no que participaron ó redor de 150 axentes (algúns procedentes doutras comisarías) e un helicóptero, implicou a realización dunha ducia de rexistros nos que foron intervidos 5 kilos de sustancias estupefacientes entre heroína, cocaína e outras sustancias.
A operación é froito de anos de traballo e coincide coa situación de inseguridade nas rúas do barrio de A Ponte-O Vinteún.
O delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, calificou os feitos de "aillados" e lembrou que sendo Galicia unha das comunidades máis seguras do Estado, hai consigna de incrementar a seguridade na zona.
Blanco tamén fixo un chamamento a non crear alarma social.