Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos

Programa completo do 10/04/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 10.04.2024 14:16

O concello de Monforte adicará máis de 18mil€ a dotar de nova iluminación o entorno do complexo deportivo de A Pinguela. Escoitamos que contaba o alcalde monfortino deste proxecto. Tamén atendemos o Campionato de España Masculino de Pitch & Putt que se vai celebrar o 11 e 12 de maio no Campo de Golf Río Cabe e que foi presentado esta maña. Ademais doutros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos con Ángeles Álvarez, directora do Grupo de Teatro da Universidade Laboral de Ourense que este xoves presentan en Monforte "O soño dos Vagalumes", e con Julio Costa da Asociación A Memoria é Náufraga, falamos da actividade que teñen programada na Casa da Memoria. E adicamos o espazo "Facendo Empresa" ao Hostal Río Lor, emblemático establecemento de hostalería cuxos donos se xubilan e van ser homenaxeados pola Asociación Provincial de Hostalería. Repasamos a súa historia con Horacio Rodríguez.