Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 27/07/2022

Programa completo do 27/07/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 27.07.2022 14:19

Abrimos programa falando da riqueza megalítica do concello de O Saviñao. Neste sentido, a Asociación de Veciños reclama que se poña en valor o dolmen de Vilatán. Danos máis datos Manuel Sarmiento. Tirolina e rocódromo ten en Monforte instalados o CCU que se prepara para celebrar este sábado a "Noite Hippi", con Ángel Folgueira repasamos actividades do Centro Comercial Urbano. E totalmente sufocado o incendio do punto limpo de Monforte no Polígono Industrial de O Reboredo. Repasamos causas e operativo posto en marcha, co sarxente do Parque Comarcal de Bombeiros, Tomás Losada. E voltan as actividades ao Courel, a USC inicia este xoves en Seoane un curso de verán sobre o paleolítico do que falamos co coordinador do Xeoparque, Martín Alemparte. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.