Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 25/11/2022

Programa completo do 25/11/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 25.11.2022 14:17

Concentracións e minutos de silencia nos concellos para conmerorar o 25N. Escoitamos o manifesto ao que deu lectura en Monforte a concellera de Igualdade, Margarita López e falamos con Olalla García, é a presidenta do Colectivo FemForte, que tamén hoxe ten convocada concentración na Praza de España ás 20:30 e unha marcha contra a violencia para o domingo. Co voceiro do BNG no concello de Monforte Emilio Sánchez, repasamos iniciativas que levan ao próximo pleno e valoración dos presuspostos presentados polo equipo de goberno. Conversamos tamén con Manuel Sarmiento, voceiro da Asociación de Veciños de O Saviñao, que presentaron iniciativas en diversos ámbitos relacionas co acceso á Praia da Cova, ao Albergue de Diomondi, e a unha antena de telefonía ubicada na capitalidade munipal que piden sexa retirada. Con escritor Rober Cagiao falamos da presentación que ten hoxe en Monforte, e entre outros asuntos, falamos tamén da Coral Renfe e do Concerto que vai celebrar este sábado, coa presidenta da mesma, Pilar Rodríguez.