Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 25/05/2022

Programa completo do 25/05/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 25.05.2022 14:19

Feira de automoción en Monforte entre hoxe e o sábado. Abrimos falando dela con Roberto Novo, responsable comercial de Autos Lemos, a empresa promotora. Fomentar a inclusión a través de deporte é a filosofía de Special Olympics Galicia que este domingo van celebrar en Sober. Falamos con Eladio Fernández, presidente da entidade organizadora. O Centro do Viño organiza para este sábado unha Xornada sobre a cultura do Viño. Unha proposta que repasamos con Eugenia Muñóz, a xestora cultural encargada de organizar este evento que afondará na importancia do sector vitícola en varias civilizacións. E reactívase a Asociación de Veciños de Espasantes que teñen actividades programadas para este venres e que repasamos co presidente da Asociación José Carlos Eireos. Co Mago Anón, repasamos o programa de actividades do Festival LUGO MÁXICO e a tapa do Cumetapas da que falamos hoxe é a que fai Sonia López en "El Hórreo".