Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 24/01/2023

Programa completo do 24/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 25.01.2023 00:00 (Publicado 24.01.2023 14:13)

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola. Falamos da presenza en Fitur de Adegas Petrón co responsable da mesma, Antonio Núñez e de podas co técnico Alfonso Losada. Co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, falamos da reforma do Pavillón da Pinguela, dos problemas que teñen os veciños do Barrio da Estación co suministro de auga, de Fitur e da ampliación do Polígono de O Reboredo. Entre outros asuntos, tempo tamén para repasar historia da sanidade en Monforte co investigador Felipe Aira que sobre este asunto imparte este mércores unha charla no Hospital Comarcal.