De volta xa en Monforte tras completar o seu terceiro Rally Dakar, abrimos programa conversando co piloto monfortino Eduardo Iglesias. Entrevistamos tamén a Lucas Bustos, un dos cociñeiros máis internacionais de Arxentina, novo propietario do Restaurante O Grelo. E con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico, falamos de Fitur e do novo vehículo híbrido que vén de recibir o Consorcio dentro do Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra. Entre outros asuntos, repasamos tamén datos da Covid. No conxunto da provincia baixan casos activos e suben as hospitalizacións.