Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 16/06/2023

Programa completo do 16/06/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 16.06.2023 14:17

Unha sucesión de erros á hora de rexistrar os votos do concello de A Pobra do Brollón fará que a corporación do citado concello se forme cun edil menos dos que o BNG acadou nas urnas e que suman os socialistas. O BNG presentou recurso contencioso electoral e agarda que o erro se subsane canto antes. Repasa o acontecido o alcalde en funcións Xosé Lois Maceda e preguntamos tamén por esta cuestión o que foi cabeza de lista do PSOE, Adolfo Rubio. Alta procentaxe de aprobados na Abau entre o alumnado monfortino, repasamos datos e novas ofertas educativas que de cara o próximo curso impartirá o IES Daviña Rey. Falamos delo co director do citado Instituto Isaac González. Entre outros asuntos falamos tamén do premio que vén de recibir o CEIP A Gándara por un proxecto sobre consumo responsable que desenvolveron ao longo do curso e no que se involucrou toda a comunidade educativa. Unha iniciativa que repasamos coa profesora Cristina Losada.