Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 26/01/2022

Programa completo do 26/01/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 26.01.2022 14:20

Co prazo aínda aberto para inscribirse ao sexto Coworking Ribeira Sacra, falamos de duas iniciativas que participaron desta experiencia en anos anteriores e hoxe son empresas consolidadas, o Centro de Día Vida e o Albergue Santiago 15. Conversamos cos promotores, Raquel Estévez e Ramón Vila. O Club de Piragüismo Quixós, foi unha das 55 entidades do Sur de Lugo, que recibiu da Xunta axuda para renovar equipamento. Hoxe visitaba as instalacións que teñen no Parque dos Condes o delegado territorial da Xunta. -Buscamos máis datos desta visita conversando co director técnico do Club, Santi Díaz. O concello de Monforte repartirá 18 mil euros en premios nos concurso de entroido que veñen de convocar. Falamos deles coa concelleira de Cultura Marina Doutón. E a Plataforma "Interior Galego Vivo", deseña liñas de traballo para este 2022 que repasamos con Paula Vázquez Verao, voceira de Agroma Sober e integrante do citado colectivo.