Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 13/05/2022

Programa completo do 13/05/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 13.05.2022 14:18

Abrimos programa conversando con Xosé Manuel Fernández, delegado para a zona sur de Lugo da Mesa pola Normalización Lingüística que coa Plataforma "Queremos Galego", convocan manifestación o martes en Compostela. Adxudicadas as obras de construción do Centro de Maiores de A Pobra do Brollón. Un proxecto longamente agardado do que falamos co alcalde Xosé Lois Maceda. E o concello de Ribas de Sil celebrará a Festa da Cereixa e do Aceite a primeira fin de semana de xuño, este ano queren tamén darlle máis protagonismo ao viño. Falamos co concelleiro de cultura Roberto Castro. E en vésperas de celebrar o Día das Letras Galegas, multiplícanse as actividades nos centros de ensino entorno a esta celebración. Falamos das que organizan no Ceip Rosalía de Castro do Concello de Bóveda coa profesora Noelia Maceda e tamén das que, dende a biblioteca municipal do citado concello organiza Miriam Palmón.