Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 06/04/2022

Programa completo do 06/04/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 06.04.2022 14:14

A unha semana do inicio das vacacións de Semana Santa repasamos previsións de ocupación conversando con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra entidade que prepara tamén roteiros solidarios con Ucraína. E con apenas 5 meses aberto e con aforo restrinxido boa parte dese tempo unhas 700 persoas levan pasado polo Albergue aberto en Monforte. Repasamos datos con Ramón Díaz, un dos promotores. E vén de renovar executiva a agrupación local do PSOE no concello de Pantón. Falamos co novo secretario xeral Ramón Quiroga co que repasamos tamén iniciativas que preparan para o próximo pleno. E Pedro Pérez é o promotor do primeiro furancho que vén de abrir as súas portas na Ribeira Sacra, na parroquia de Vilachá no Concello de A Pobra do Brollón. Cóntanos que tal vai a iniciativa.