Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 01/06/2023

Programa completo do 01/06/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 01.06.2023 14:19

Recupera a normalidade o zona de Ribasaltas onde onte pola tarde descargou a treboada deixando inundacións e sarabia. Danos datos do acontecido Ana Lage de MeteoGalicia e falamos cun dos afectados, Óscar Rodríguez. Sete formacións musicais participarán este sábado da Batalla de Grupos que organizan os promotores do TRECE ROEIS FEST. Falamos con Miguel García, da comisión organizadora, e con dous membros do xurado do concurso, Andrea Porto e Alberto Busto. José María Lago parte dun feito real do que se cumpren 50 anos, a morte de dous nenos en Monforte, para escribir a súa última novela, La Caja de Pandora, co escritor falamos desta publicación que presenta maña no Ateneo Casino. Xuntando uns 250 rapaces da comarca de Quiroga, súmase o Xeoparque Montañas do Courel á celebración da Semana Europea dos Xeoparques. Repasamos actividades con Roberto Castro, presidente da Asociación Montañas do Courel. Repasamos resultados do Campionato de Taekwondo no que vén de participar o Neka e futuras citas e o avogado Héctor Silva ilústranos sobre que temos que facer se nos chaman para unha mesa electoral o 23 de xullo e temos viaxes contratadas previamente á convocatoria electoral.