Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, ademáis do técnico Alfonso Losada, hoxe conversamos tamén coin Alfonso Ribas, director de Innovación da Fundación Juan de Vega. Repasamos o Plan de Dinamización das Comarcas Vitícolas que elaboraron a petición da Consellería do Medio Rural. Repasamos a incidencia da Covid nesta zona sur. Preocupación no concello de O Saviñao polo incremento de casos e porque entre os positivos hai traballadoras do servizo de axuda no fogar que comprica a prestación deste servizo. Falamos co alcalde Carlos Armesto. E cada vez son máis as actividades turísticas que se ofertan na Ribeira Sacra que adiantan a reapertura, é o caso do Tren Aba Sacra que abre nova temporada este xoves. Falamos co promotor, con Antonio Rodríguez. E a muralla de San Vicente será rexistrada polo Concello como ben de titularidade municipal. A proposta foi aprobada por unanimidade no pleno de onte, escoitaremos os argumentos que se deron.