Boas espectativas turísticas para este verán na Ribeira Sacra. Falamos delas coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, coa que repasamos tamén o pleno que vén de celebrar o Consorcio. Axentes da Policía Nacional patrullan a cabalo polo Camiño de Inverno ao seu paso por Monforte. Coñecemos máis da iniciativa conversando con Luis Álvarez, delegado do Grupo de Participación Cidadá. E conta atrás para que Chantada e Monforte pasen a esta en nivel alto de restricións pola incidencia da Covid. Repercutirá en todo o sector de Hostalería, en especial no ocio nocturno. Para coñecer como se enfrontan ás novas normas, conversamos con Roberto Eireos, empresario do citado sector. Entre outros asuntos, conversamos tamén coa alcaldesa do Courel, Lola Castro. Hoxe mesmo no citado concello poñen en marcha unha iniciativa pioneira para promocionar o concello e os oficios tradicionais que con ela repasamos.