Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 30/04/2021

Programa completo 30/04/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 30.04.2021 14:28

Sete dos dez docentes do Conservatorio Municipal de Monforte de Lemos asinan un comunicado puntualizando declaracións que nos últimos días se levan feito sobre o conflicto laboral que manteñen co concello. Da situación que repasan nese comunicado falamos cun deses profesores, Andrés Campanario. O Club Lemos estreará o novo Himno o 23 de Maio. Encargáronllo aos Xograres de Lemos e hoxe abrimos programa falando deste encargo con Beatriz Vázquez, directora deste grupo. E o concello de Pantón agarda habilitar unha área de estacionamento para autocarabanas. Foi un dos asuntos do que falaron no pleno que veñen de celebrar e do que falamos co rexedor local, José Luis Álvarez. Entre outros asuntos, actualizamos tamén os datos da Covid nesta área sanitaria e a última hora do gromo da Residencia de Chantada que dispara os positivos no citado concello, mentres se incrementa o número de ingresos nos hospitais, no de Monforte a cifra de pacientes con coronavirus sube a sete.