A alta incidencia da Covid en Monforte fai que este concello suba a nivel alto a partir deste sábado. Situación que repasamos conversando co alcalde José Tomé Roca. Anttes, situámonos en Cereixa, no concello de a Pobra do Brollón, no Castro de San Lourenzo, onde empezou a séptima campaña de escavacións que repasamos co arqueólogo Xurxo Ayán. Conversamos con Fermín Avellaneda, presidente de Amafer, que veñen de inaugurar ampliación da sede e preparan máis actos para celebrar os 25 anos da Asociación. E convocada folga nos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria en Monforte. Por unanimidade así o acordaron os traballadores nunha asamblea que na recta final do programa resumimos con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO. Entre outros asuntos, escoitamos tamén ao delegado territorial da Xunta, Javier Arias, que supervisou hoxe as obras que a Consellería de Educación levou a cabo no Colexio Infanta Elena.