No programa de hoxe falamos co alcalde de Monforte da visita que fixo a este concello o delegado do Goberno e dos investimentos anunciados. Repasamos as deficiencias de persoal e de servizos que denuncian os comités de empresa de Adif e Renfe, que teñen convocada concentración para este venres, cun representante dos traballadores que as empresas ferroviarias teñen nesta zona. No século pasado moitas economías de diversos puntos de Galicia víronse beneficiadas pola venda dun fungo que nacía entre o centeo e moi buscado polas farmacéuticas. Recóllese nun documental que se proxecta esta tarde no Concello de A Pobra do Brollón e do que falamos con Sabela Iglesias, unha das directoras. E tempo para o mundo da xudicatura, o avogado Javier Leiro analiza a sentenza do auto da xuiza de Marbella que tanta polémica creou por toda Galicia nas últimas xornadas.