Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 28/05/2021

Programa completo do 28/05/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 28.05.2021 14:20

Abrimos programa conversando coa directora dos Xoglares de Lemos e escoitando a nova versión que fixeron do Himno do Lemos. Coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara, repasamos actividades que están organizando para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. E a partir de xuño empezará a funcionar unha barca de paso no río Miño por iniciativa de Quinta Sacra. Falamos con Pilar Rubines, unha das promotoras. E todo listo en Quiroga para celebrar a Festa do Aceite en Bendilló. Repasamos actividade co concelleiro de cultura José Luis Rivera. E entre outros asuntos, falamos tamén de "pstcrossing" con Diana Pastoriza, que dirixirá un obradoiro este domingo en Monforte.