Abrimos programa repasando co técnico Alfonso Losada, novas do sector vitícola e conversamos con Myriam Vázquez, xerente da Adega Rectoral de Amandi que vén de renovar a etiqueta da botella e sacan ao mercado un godello. Conversamos coa voceira do PP Kati Varela, entre outros asuntos, do pleno celebrado onte no concello de Monforte e falamos tamén do Festival Trece Roeis, que ten xa completo o cartel de actuacións e as entradas á venda. Falamos deste evento con Miguel García, un dos membros da comisión organizadora e tamén nos acompaña Marta Losada, presidenta da Asociación Ruliños, á que os promotores do Festival destinarán o 50% de cada entrada que venda.