Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/11/2021

Programa completo do 26/11/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 26.11.2021 14:33

O Xeoparque Montañas do Courel acolle desde hoxe ata o domingo a 71 Sesión Científica da Sociedade Xeolóxica de España. Un evento que servirá para presentar traballos de investigación sobre recursos da zona. Falamos delo con Martin Alemparte, coordinador do Xeoparque. Concentración en Pantón pola permanencia dos tres médicos do Centro de Saúde. O acto estaba convocado polo BNG e buscamos a última hora do mesmo conversando coa voceira nacionalista Rosana Prieto, que onte mesmo foi reelixida responsable comarcal desta formación política. E malestar na CIG e en CCOO co equipo de goberno do concello de Monforte polo trato que reciben algúns representantes do persoal municipal. Unha situación que denuncia Antón Rodríguez, delegado da CIG para Administración Local. Entrevistamos á escritora e ilustradora Estefanía Padullés que presenta maña en Monforte un novo libro, e no espazo de Salgado Congelados, hoxe receita dun pastel que nos deixa Monse Rodríguez de "Mon Come y Sueña"