Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 26/05/2021

Programa completo do 26/05/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 26.05.2021 14:20

Monforte sube a nivel medio de restricións a partir deste sábado. Entre outras medidas redúcese de novo o aforo en bares e restaurantes. Chamamento á responsabilidade o que fai a delegada da Asociación de Hostalería, Beatriz Vila. O conflicto aberto no Conservatorio Municipal de Música de Monforte despois de que o concello abrise expedientes a varios profesores, chega hoxe ata o Parlamento Galego onde foron recibidos por representantes do PP e do BNG. Dos resultados das xuntanzas falamos co profesor Andrés Campanario, presidente tamén da xunta de persoal. O Colectivo Segredos de Pantón quere facer un catálogo municipal de árbores senlleiras. Dos obxetivos da iniciativa falamos con Lucas Vázquez, presidente da citada Asociación. Conversamos tamén co coordinador do Xeoparque Montañas do Courel, Martin Alemparte, con él repasamos as actividades que teñen programadas para celebrar a Semana Europea dos Xeoparques. E adicamos o espazo "Facendo Empresa" a Neumáticos Novoa, conversamos con seu responsable, Diego Novoa Rodríguez.