O concello de O Saviñao pasa a nivel alto de restriccións e o Sergas prepara cribado para persoal que traballe de cara ao público. Danos máis datos o alcalde Carlos Armesto. En Pantón habilitarán unha nova senda peonil entre Ferreira e o Mosteiro das Bernardas e acondicionan unha nova ruta de sendeirismo da que nos fala o rexedor local, José Luis Álvarez. CCOO prepara asamblea para negociar novo convenio colectivo para os traballadores de FCC. Falamos con Mario Docasar, secretario de accións sindical do citado sindicato. E as portas da Semana Santa, reabren as súas portas ás visitas adegas como Via Romana. No programa de hoxe conversamos co xerente Juan Luis Méndez. E recuperou tamén actividade o Tren Abba Sacra do que nos fala Antonio Rodríguez.