"As obras que Adif vai executar no corredor ferroviario Ourense - Monforte - Lugo traerán consigo a creación de moitos postos de traballo porque mobilizarán sobre un milleiro de persoas", asegura o alcalde monfortino José Tomé Roca. Con él conversamos no programa de hoxe desto e outros asuntos da actualidade máis próxima. Antes, como cada xoves, repasamos historia local con Felipe Aira, que lembra hoxe procesións que había en Monforte en Semana Santa no século pasado. E xoves de teatro con "Feminissimas" da Compañía De Ste Xeito Producións, conversamos cunha das actrices protagonistas e produtora da obra, Stephy Llaryora.