Segue ardendo a herba e a palla acumulada na nave de Prodeme que se queimou na tarde de onte. Hai danos na propia estructura e queimáronse unhas 150 toneladas de material para alimentar o gando. Buscamos a última hora sobre este suceso conversando con Julio Cortiñas, Xerente da Asociación Prodeme e con Tomás Losada, sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros. Repasamos novas do concello de Monforte co alcalde, José Tomé Roca. O IES A Pinguela acolle este venres unha Xuntanza Virtual Sefed Galicia. Unha iniciativa que nos explica a profesora Miriam Méndez. E como cada xoves espazo adicado á historia local, hoxe o investigador Felipe Aira fálanos do barrio a Estación.