Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 24/05/2021

Programa completo 24/05/2021

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 24.05.2021 14:21

Hoxe cúmprense 25 anos do pasamento de Lois Pereiro e será presentado un libro póstumo do que falamos co irmán do poeta, con Xosé Manuel Pereiro, un dos participantes deste acto. O concello de Monforte súmase a esta lembranza repartindo, grazas á colaboración de Antón Lopo, libros coa biografía que de Lois Pereiro fixo este escritor monfortino. Co rexedor local, José Tomé Roca, falamos tamén entre outros asuntos, da rotura na rede de abastecemento que onte deixou sen auga a unha boa parte da poboación monfortina. Repasamos tamén o éxito do Club Neka no campionato de España de Taekwondo celebrado esta fin de semana en Benidorm e entre outros asuntos, despedimos coa nova versión do Himno do Lemos estreado onte na Pinguela.