Abrimos programa repasando co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, os premios da Cata de Viños de Galicia. Catro premios para outras tantas adegas, e por segundo ano é desta Denominación o mellor viño galego. Non perdemos de vista o Festival de Cine, Fancine de Lemos e hoxe conversamos co director Sergio Morcillo, o guionista Santi Taboada e Alberto Hortas, recoñecido profesional do mundo da maquillaxe e dos efectos especial. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Germán Vázquez, voceiro de Esperta Monforte, repasamos con él iniciativas que preparan para o pleno do luns.