Aproveitando que se vén de celebrar o Día Internacional do Guía Turístico falamos con Beatriz Pérez Pereira unha das pioneiras neste ámbito na Ribeira Sacra. Con ela repasamos a situación dun sector con crecemento continuado nos últimos anos neste espazo xeográfico pero afectado tamén moito pola pandemia. Repasamos a actualidade do concello de O Saviñao conversando co alcalde Carlos Armesto. Do uso do galego falamos con Xosé Manuel Fernández, representante na zona da Mesa pola Normalización Lingüística de Galicia que repasa tamén actividades que teñen en marcha e outras que proxectan para esta zona. Atendemos tamén á campaña de vacinación aos maiores, á incidencia da Covid e asuntos que se debatirán no pleno de hoxe en Monforte.