Fin de semana de éxito para o deporte de base en varias modalidades. Falamos dos triunfos do CV Korbis, do Quixós e da Sociedade Deportiva A Gándara, cos respectivos adestradores. Miguel Ángel de la Gama, Santi Díaz e Rubén Castro. Atendemos tamén ás Xornadas de Mobilidade que promovidas pola Plataforma Salvemos o Malecón, van ter lugar en Monforte o venres e sábado. Repasamos obxetivos con Vitoria Saco. Conversamos tamén co director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. Repasamos con él o acordo ao que a Consellería do Medio Rural chegou coa empresa Oviganic Ibérica, afincada no polígono de O Reboredo, para impulsar a produción de leite de cabra e ovella. Entre outros asuntos, falamos tamén con Venancio Guntiñas, da Asociación de Veciños de Rozabales, anfitrión dun historiador francés que investiga sobre o vínculo que a igrexa da citada parroquia ten coa Orde de Roncesvalles á que pertenceu no século XIII.