Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/04/2022

Programa completo do 21/04/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 21.04.2022 14:18

Suben os contaxios por covid en todos os concellos da zona sur, onde so o Courel está libre de infectados. Repasamos incidencia. E a esta zona sur de Lugo seguen chegando ucraínos a lugares como o concello de O Saviñao. Da acollida falamos co alcalde, Carlos Armesto que confirma que están traballando para que en xullo poida funcionar un microbús entre Escairón e a Praia de A Cova para evitar aglomeracións de vehículos que se volveron repetir en Semana Santa, con días de ata 460 vehículos circulando pola zona.

E Albores Saúde Mental, promove un ciclo de obradoiros de autocoidado para coidadoras. Unha iniciativa que repasamos con Elisa Sapia, directora do citado centro. Co secretario do Club Lemos, César López, falamos do concurso que veñen de convocar á procura do escudo do centenario e no espazo adicado á consultoría xurídica con Abogados Vigo 10, Javier Leiro fálanos hoxe das excedencias.