Semente Ribeira Sacra ten convocado o VII Concurso de Iniciativas Empresariais co n 25 mil euros en premios en xogo. Para coñecer algo máis da iniciativa falamos con Severino Rodríguez, voceiro da Asociación convocante. Co edil do BNG de Monforte, Emilio Sánchez, repasamos iniciativas que levarán ao próximo pleno. Falamos coa antropóloga forense Márcia Háttori que intervirá esta tarde na Semana da Memoria Histórica de Repil e, entre outras cousas, presentará resultados das exhumacións feitas en Fornelas o pasado verán. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, falamos do proxecto de mellora de camiños que ten en marcha con actuacións en todas as parroquias do concello e valorado en 600 mil euros. Entre outros asuntos, recollemos tamén balance da campaña de vacinación nesta área sanitaria que fai o xerente, Ramón Ares.