Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/09/2021

Programa completo do 20/09/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 20.09.2021 14:11

O Consello da Cultura Galega celebrará no concello de A Pobra do Brollón unhas Xornadas sobre a "Construción da Paisaxe Galega", das que falamos co arqueólogo Xurxo Ayán. Chega a Monforte a campaña informativa que sobre o dano cerebral ten en marcha FEGADACE, falamos dela con Begoña Hermida, directora da citada Federación. Conversamos tamén con Manuel Carballedo, traballador social de Afamón, para repasar actividades que teñen organizadas para conmemorar o Día Internacional do Alzheimer. Por segundo ano consecutivo suspendida en Monforte a romería de San Mateo. Mantéñense as misas e hai programada peregrinación desde a Parroquia da Estación. Falamos dela co párroco José Luis Vázquez. A incidencia da Covid na zona e os novos vehículos presentados hoxe polo alcalde de Monforte para a recollida do lixo, son outros dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.