Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/10/2021

Programa completo do 19/10/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 19.10.2021 14:22

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola. Falamos hoxe co profesor da Universidade de Vigo, Arturo Fernández, de formación que se vai a impartir sobre procedementos administrativos que precisan facer as adegas.

Dixitalizar e informatizar o patrimonio documental que de carácter histórico que ten o concello de Monforte, é a actividade encomendada aos alumnos do novo obradoiro que bota a andar neste concello. Recollemos declaracións do mandatario local na visita que fixo as instalación da citada escola. Está tamén xa funcionando o Obradoiro que comparten os concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda. Falamos del co rexedor deste último concello co que repasamos outras novas de actualidade no citado municipio. Hoxe conmemórase o Día Internacinal contra o Cancro de Mama. Con Arancha Vidal, psicóloga da Asociación de Loita contra o cancro na delegación que teñen en Monforte, repasamos actividades que organizan nesta zona. Son entre outros, asuntos da actualidade máis próxima que repasamos no programa de hoxe.